Sunday 28 de April de 2024

Trenor anuncia unha nova actuación no IES de Porto de Son de 435.000€ o que eleva o investimento comprometido pola Xunta na comarca do Barbanza a 7,2M€


 O investimento previsto neste centro é para levar a cabo a substitución da cuberta neste edificio

 Trenor destaca que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun edificio con maior confort térmico

Porto do Son (A Coruña), 22 de decembro de 2023.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no IES de Porto de Son de 435.000 euros o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca do Barbanza a máis de 7,2M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.

Trenor subliñou que esta actuación busca “mellorar as condicións xerais do centro, en especial o confort do alumnado e do profesorado e a eficiencia enerxética”. A intervención contempla a substitución da cuberta de 2.279 metros cadrados, a construción dun soportal de acceso ao polideportivo e a renovación da fontanería.

Nunha visita ao instituto, o representante da da Xunta de Galicia explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para renovar as instalacións educativas e adaptalas ás necesidades do século XXI.

“Este plan ten entre as súas prioridades mellorar a eficiencia enerxética dos edificios educativos, o que redunda ademais nun maior confort térmico para todos os membros da comunidade escolar”, sinalou o delegado. “Actuacións como esta, de renovación de cuberta que acometeremos neste instituto, son fundamentais para avanzar neste obxectivo de acadar centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente”, destacou.

Obras centros educativos Barbanza
Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 7,2 millóns de euros en 32 actuacións que inclúen 11 grandes obras en Lousame, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Muros, Noia e Ribeira e 18 obras menores en 17 colexios e institutos da comarca do Barbanza.

GRANDES OBRAS

 

 

CONCELLO CENTRO TIPO DE OBRA IMPORTE
LOUSAME CPI CERNADAS DE CASTRO MELLORAS SECTORIAIS. CARPINTERÍA E ILLAMENTO TÉRMICO 453.958,01 €
MUROS IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA REHABILITACIÓN INTEGRAL 1.380.610,00 €
NOIA IES VIRXE DO MAR MELLORAS SECTORIAIS. REVESTIMENTO FACHADA PRINCIPAL, SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS E NOVA CUBRICIÓN DA MARQUESINA 339.219,64 €
OUTES CEIP PLURILINGÜE DE OUTES ASCENSOR 62.501,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL, A CEP PLURILINGÜE SALUSTIANO REY EIRAS MELLORAS SECTORIAIS. REFORMA CUBERTA 176.646,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL, A IES DA POBRA DO CARAMIÑAL REHABILITACIÓN INTEGRAL 2.109.534,80 €
PORTO DO SON CEIP SANTA IRENE MELLORAS SECTORIAIS CAMBIO DE CUBERTA 267.476,38 €
PORTO DO SON IES PORTO DO SON SUBSTITUCIÓN CUBERTA 435.636,43 €
RIANXO CEIP ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO REHABILITACIÓN INTEGRAL 1.032.784,77 €
RIBEIRA CEIP PLURILINGÜE O GRUPO ASCENSOR 67.775,03 €
RIBEIRA CEIP PLURILINGÜE DE FRIÓNS REHABILITACIÓN INTEGRAL 654.420,01 €
11 6.980.562,07 €